Sobre Kibitka
Kibitka é unha casa migratoria.
A bagaxe e as viaxes das oito persoas que van nesta kibitka trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galiza e Rusia, agregaron ritmos e influencias latinas, rescataron sonoridades esquecidas.
Kibitka construiu amodo músicas propias e un estilo orixinal. Toda unha equipaxe para esta viaxe migratoria que espreme traxectos, distancias, rupturas afectivas e seducións entre dous universos en confrontación: o da partida e o do acollemento.
Os sons migran, polo tanto, coas persoas e a través delas, expoñéndose, igual que a xente de Kibitka, á aventura dun novo hábitat.
Kibitka son:
- Ana Abeledo (Clarinete e lixas)
- Andrey Volodin (Guitarra e voz)
- Tania Capón (Violín)
- Mano Panforreteiro (Gaita, whistles, trompa e melódica)
- Danilo Ramos (Tres e teclados)
- Antonio Vázquez (Percusións e batería)
- Yuri Sidar (Baixo electroacústico)
- Vadim Yukhnevich (Baián e voz)
Síguenos en: